lunes, 19 de marzo de 2012

En noites coma esta, deitada na cama, soa, cunha serie sen xeito nin traza de fondo... as reminiscencias do pasado chegan a miña mente como un gran terremoto que todo o arrastra tras de si.

Penso a estas alturas non moi tardías da miña vida, que foi daqueles cos que compartín a metade dela. Dónde estás? e, sobre todo, por qué semellan non lembrarme? O amor parece afastalos de mín, mais esa non é unha excusa.

Eu cavilo e preocúpome por vós. Sigo aquí, sendo diferente pero sentindo o mesmo.

Aló ides co vento máis a vosa esencia non se irá lonxe de min porque o que vos fostes é o que me fai.